jueves, 12 de marzo de 2015

Un drama coñecido


                                     

O pasado luns vinte e tres de febreiro, Amanda Díaz Pena realizou unha visita ao IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes. Ela pertence á asociación Enriqueta Otero, da cal é a súa presidenta. É licenciada en psicoloxía e  ten un máster na violencia de xénero e na súa prevención. Nese instituto, deu unha charla dirixida aos alumnos de primeiro BAC F. 


Nela, falou da violencia de xénero e proxectou un vídeo no que se vía un caso disto, o cal agora vouvos relatar: nel unha muller nova atopábase nunha bañeira, mentres o seu noivo buscaba un cinto. Despois, tiveron un fillo e o pai seguíao buscando, pero o neno atopouno no fondo da bañeira na que estaba a nai. Logo dunha mirada penetrante da nai, o neno comprendeu a situación e puxo o cinto no mesmo sitio onde o atopou. Para distraer ao seu pai, rompe o seu avión de xoguete e o pai dille que o arranxará, mais, déixao na mesa do baño. 

Na seguinte escena, todos envelleceron (menos a nai), e o fillo, que ten uns dezaoito anos, decide irse da casa despois dunha dura conversa co seu pai polo cinto. Logo, os familiares do home chegan á súa casa para comer, pero a muller non fixo a comida. O marido cóntalles a situación e estes apoiano para que lle pregunte a muller onde está e, como isto non funcionou, que lle pegue. A continuación disto, o home encontra o cinto na bañeira e tira del, pero empeza a desbordarse a auga ata que o inunda todo. Despois, a muller sae da auga e atópase no medio dun mar; ao chegar á beira, vense máis bañeiras nese mesmo lugar.

O vídeo chámase El orden de las cosas; isto é porque o pai do home cría que todo tiña que ser así (a muller  debe obedecer ao home en todo momento). Neste vídeo hai moitas simboloxías, como a muller na bañeira que nunca medra, o cal dá unha sensación de pureza e de que non a deixan medrar. Outros feitos relevantes son o xoguete roto (representa a nula relación do pai co fillo despois dese día), o cuarto enchéndose de auga (fai referencia a cando o denuncia porque é a gota que colma o vaso), as outras bañeiras na praia (hai máis persoas que pasaron  o mesmo ca ela e que todavía o están pasando)... Esta visita serviunos para concenciarnos de que a violencia de xénero é un problema moi serio e que non está ben nin encubrila nin padecela e moito menos, facela.